Galego:
UNHA SUB-21 DE VÉRTIGO
Esta xeración si debemos aproveitala, e, polo de agora, estamos a facelo. De todos os xogadores titulares nesta selección, a grande maioría son titulares ou xogan asiduamente nalgúns dos clubes máis importantes. Isto é o que se leva pedindo dende fai uns anos para evitar fracasos da Selección Española Absoluta tras os éxitos nas categorías inferiores. A continuación, unha análise desta selección sub-21 que está pelexando polo acceso ao Europeo sub-21:
PORTERÍA:
Quizais a zona máis delicada e a menos coñecida desta selección pero non por iso a peor defendida. Roberto Jiménez ( Nástic de Tarragona) e Antonio Adán ( Real Madrid Castela) adoitan ser os dous convocados. O segundo deles foi considerado fai dous anos como o sucesor de Iker Casillas na portería do R. Madrid. É un porteiro alto pero que non destaca especialmente pola solvencia nos balóns aéreos, nos que é un pouco inseguro, senón polo temple nas xogadas difíciles e pola boa colocación e atención ao partido. Porén, a tempada pasada no se fixo cun posto de titular no Castela en gran parte debido as lesións e a súa xuventude.
Outras opcións para a portería son: Felipe Ramos ( sub-17, Real Madrid Castela), Sergio Asenjo ( sub-19,Real Valladolid ) y David de Egea ( sub-19, Atlético de Madrid ).
DEFENSA:
José Ángel Crespo ( Sevilla): Comezou a tempada no Sevilla Atlético pero tras a marcha de Juande Ramos e a necesidade dun Lateral Esquerdo puro, Manolo Jiménez deulle a oportunidade de xogar no Primeiro equipo, que está sabendo aproveitar aínda que se lesionou recentemente no partido ante o Real Madrid tras recibir un codazo de Diarra.
Gerard Piqué ( Manchester United): Contundente, moi forte fisicamente e con bo trato do balón, é moi polivalente, pode xogar como central, lateral dereito ou mediocentro defensivo. Esta tempada non é titular no Manchester United pero está dispoñendo de oportunidades que está sabendo aproveitar como ante o Dinamo de Kiev( marcou o primeiro dos catro goles do Manchester).
Marc Torrejón ( Espanyol): Titular no RCD Espanyol en Primeira División e peza fundamental no eixo da defensa xunto a Dani Jarque. Moi forte fisicamente(1,86 m) pero igual que Piqué cun bo trato de balón.
Miguel Torres ( Real Madrid): Lateral polivalente e de recorrido foi utilizado con éxito por Capello a pasada tempada pero esta está demostrando que necesita minutos nun equipo sen tanta exisencia como o Real Madrid. Nalgunhas ocasións presenta lagoas en defensa, polo que Schuster só conta con el como suplente.
Máis opcións para a defensa serían:
Lateral Dereito: Antonio Barragán ( Deportivo) e Sergio Sánchez( Racing Santander).
Lateral Esquerdo: J.Monreal ( Osasuna) e Roberto Canella ( Sporting de Gijón).
Centrais: César Arzo ( Murcia CF), Adrián López “Piscu” (Deportivo) e David Rochela ( Deportivo), gran sorpresa do pasado Mundial sub-17.
MEDIOCENTRO:
Bandas: O punto forte deste equipo.Tanto a dereita como a esquerda están ocupadas por xogadores moi importantes no seu equipo de 1ª División. Sisi e Markel Susaeta titulares n
o Valladolid e no A. Bilbao respectivamente e Diego Capel xogando a miúdo no Sevilla. Os tres son moi veloces e cunha calidade envidiable. Pegan moi ben o balón e xogan con moito atrevemento, de feito Susaeta, 1ª tempada en Primeira División é o encargado con 17 anos de lazar as faltas do seu equipo.
Outros candidatos para ocupar as bandas son:
J.M. Mata, A.Alfaro, Marcos García e Aaron Ñíguez.
Mediocentros: Raúl García, Javi Martínez e J.Manuel Jurado forman un trío moi equilibrado na medular. Raúl García e Javi Martínez cúbrenlle as espaldas e realizan o traballo sucio para que brille Jurado. Aínda así, os tres teñen unha gran visión de xogo, moi bo trato do balón e capacidade de sacrificio. Raúl García e Javi Martínez tamén son titulares indiscutibles nos seus equipos e Jurado xoga a miúdo no Atlético de Madrid. Outras opcións para a medular son: E.Granero ( Getafe), Pallardó ( Getafe), Juande( Betis), J.Vila ( Celta) e Fran Mérida ( Arsenal).
DIANTEIRA:
Bojan Krkic ( Barcelona): A gran aparición do fútbol español nos últimos anos. Remate,
velocidade, descaro e polivalencia son as súas mellores armas. Débese tratar igual que a Messi nos seus tempos para que progrese sen preocupacións e dispoña cada vez de máis minutos.
Jonathan Pereira ( Racing de Ferrol): Velocidade, control de balón e descaro( a característica máis repetida entre esta selección sub-21) son as principais características deste pequeno xogador(1,63 m). Ademáis ten moito olfato goleador e está demostrando en Segunda División que para o ano merece regresar ao Villarreal.
Outras opcións para a dianteira son: Adrián López ( Deportivo), Sola ( Osasuna) e
Xisco Jiménez ( Deportivo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario