lunes, 26 de noviembre de 2007

Roberto Lago


Galego

Nome: Roberto
Apelidos: Lago Soto
Data de nacemento: 30.10.1985
Lugar de nacemento: Vigo (Pontevedra)
Peso: 76 kg.
Altura: 178 cm.

Carreira:

04/05 Celta B 2ª División B

05/06 Celta B 2ª División B

06/07 Celta B 2ª División B

07/08 Celta 2ª División A


Xogador que chega dende a canteira do Celta e que pretende asentarse no primeiro equipo ao igual que o fixera Borja Oubiña no anterior descenso á Segunda División. Xunto a el, están entrenando co primeiro plantel outros xogadores, que porén non participan nos partidos, como son Jonathan Vila, Richi, Dani Abalo( ollo a este xogador) ou Goran Maric.

A fichaxe de Peter Zanev polo equipo celeste facía pasar a Roberto Lago a ser o 2º ou 3º na rotación nese lateral esquerdo pola tamén fichaxe do madrileño Agus. Porén, Zanev cedo se destapou como un gran fracaso e como un xogador que simplemente chegou ao Celta pola súa amizade con Hristo Stoichkov pois nen sequera era titular no seu equipo da “potente” liga Búlgara. Tras contar cun rival menos no Lateral, Roberto foise consolidando a pesar de que non sempre foi utilizado nesta posición.

Xogador moi polivalente, xogou como Lateral, Interior e, incluso, mediocentro defesivo. Súmase ao ataque a miúdo, aproveitando os espazos que deixa Cannobio na banda esquerda nas súas continuas diagonais cara o centro( o seu hábitat natural). É poseedor dun bo un contra un e dunha calidade técnica e velocidade envidiables, probablemente por ter xogado moitos partidos como Interior na súa etapa no Celta B. Defensivamente é correcto aínda que debe mellorar no xogo aéreo e tamén a rapidez en defensa, pois tende a deixar as súas espaldas descubertas. Finalmente, destacar que ten un guante na perna esquerda co que pon uns magníficos centros a área.

No hay comentarios: