jueves, 27 de diciembre de 2007

Selección Galega

Hoxe, día 27 de Decembro do ano 2007, Galiza enfróntase a Selección de Camerún. Este é o terceiro encontro que vai disputar a Selección Galega tras a súa creación no ano 2005. O primeiro foi xogado no Estadio Municipal de San Lázaro ( Santiago) fronte a unha campiona do mundo como é o Uruguai. Nese partido Galiza vencía por 3-2 cun gol de Nano e dous de Deus. O ano seguinte, a selección xogaba no Estadio Municipal de Riazor fronte a Ecuador, ante a cal acadaba outro resultado positivo como foi o empate a un gol, tanto logrado no bando local por Jonathan Pereira.

O enfrontamento deste ano fronte a Selección do Camerún chega cheo de polémica tras a negativa de Frank Rijkaard de permitir que Etoo dispute un partido que tiña marcado no seu calendario...

A continuación un análise dos xogadores da Selección Galega:

PORTERÍA:

Posición defendida por dous gardamallas de garantías como son Diego López e Roberto. Diego, tras pasar moitos anos á sombra de Casillas, decidiu cambiar a capital madrileña por Vila-Real, onde está disfrutando de máis minutos. É forte físicamente e móstrase seguro nas saídas por alto, ademais de posuír uns reflexos máis que aceptables. Roberto leva 5 anos defendendo a portería do Sporting de Xixón con moito éxito, conseguindo situarse como porteiro menos goleado en Segunda División na temporada 2005/2006. Posúe moi bos reflexos e dá moita seguridade á defensa a pesar de que cometa erros cando ten que saír de debaixo dos tres paus.

Tamén foi convocado Queco Piña como premio polo ascenso do Racing de Ferrol a categoría de Prata do fútbol español.

DEFENSA:

Lateral Dereito:

Barragán ( Deportivo) e Michel Salgado ( Real Madrid) foron os dous elixidos para ocupar esta posición polos seleccionadores pero un por lesión e o outro por econtrarse fóra do país( o Real Madrid non lle deixa disputar o partido) non xogarán. Non se sabe polo tanto quen vai ocupar esta posición ata o mesmo día do partido pois tanto Arsenio como Fernando buscarán unha solución para non deixar a Jonathan Apas(Piacenza) como único integrante desta posición.

Lateral Esquerdo:

Roberto Lago e Sito foron os dous convocados para o lateral pero parece que o segundo non vai poder asistir ao partido xa que as ligas británicas non paran, e o Ipswich Town non lle permitiu que acudira a chamada da selección porque parece ser que sufriu un golpe no último partido disputado polo seu equipo. Polo tanto, Roberto Lago perfílase como titular indiscutible nese lateral esquerdo. Titular no Celta de Vigo está gañando confianza e mostrándose como un xogador moi ofensivo e polivalente nese carril esquerdo.

Centrais:

Rubén ( Celta), Noguerol ( Albacete), Adrián López “Piscu” ( Deportivo) e Iago Bouzón (Recreativo de Huelva) son os 4 xogadores que se van disputar dúas posicións no centro da zaga galega. Rubén, que chegou ao Celta este verán procedente do Racing de Santander, perfílase como titular ao lado de Adrián López, un mozo da canteira deportivista que se está asentando no eixo da defensa coruñesa. Ambos son fortes fisicamente e pereden en moi poucas ocasións a concentración sendo moi efectivos e contundentes no corte.

MEDIOCAMPO:

Quizáis a zona onde se encontra a maior concentración de calidade no equipo. Para o centro do campo foron convocados J. Vila( Celta) e Borja Fernández( Valladolid) como mediocentros de corte defensivo e Iago Iglesias (Elxe), Emilio Viqueira (Levante) e Roberto Trashorras (As Palmas) como mediocentros ofensivos ou mediapuntas. De todos estes xogadores Borja, Viqueira e Trashorras son os xogadores que máis papeletas teñen para xogar titulares nun medio do campo no que posiblemente alineará a un medio defensivo e a dous ofensivos( un organizador como é Viqueira e un mediapunta como é Trashorras).

Nas bandas disputaranse a posición Nano (Cádiz) e Diego Castro(Sporting de Xixón) na esquerda e Julio Álvarez ( Numancia) probablemente ocupe a dereita desplazando a Jonathan ao centro da dianteira e non podendo xogar Pablo Álvarez pola súa recente fichaxe polo Racing de Santander. De todos estes gustaríame destacar a Diego Castro un xogador que leva xogando dúas temporada de forma fantástica no Sporting de Xixón. Con gran trato do balón e unha velocidade endiañada podería cambiar os aires da cidade asturiana en breve polos dun equipo de primeira.

Para substituír as baixas neste medio do campo foi convocado o xogador do Deportivo B, Álex.

DIANTEIRA:

Para esta posición foron convocados Nacho Novo e Pablo Couñago pero ningún dos dous vai poder xogar por ter partidos no fútbol británico estes días. Con Nacho Novo a Selección Galega tería un dianteiro de primeiro nivel que demostra ano tras ano no Glasgow Rangers que é quen de superar a todos reforzos que contrata o clube nos veráns. Porén, quen o vai substituír é un dianteiro de total garantías como é o menudo xogador do Racing de Ferrol, Jonathan Pereira, unha das sensacións da Segunda División. Xogador con gran técnica individual e con moita velocidade acostuma xogar pegado a banda no seu equipo pero pola falta de recursos na dianteira xogará nesa posición.

Finalmente, destacar que a parella de seleccionadores son Arsenio Iglesias, mítico entrenador galego do Deportivo ou Real Madrid entre outros, e Fernando Vázquez, último entrenador en conseguir ascender ao Celta a Primeira División e clasificalo para a Copa da UEFA.


No hay comentarios: