sábado, 15 de diciembre de 2007


Hoxe, día 15 de Decembro, escribo este pequeño resumo do primeiro terzo da tempada do R.C. Celta de Vigo. Actualmente, e tras a victoria ante o Sevilla Atlético, o Celta atópase na 5ª posición tras un comezo dubitativo a só dous puntos do ascenso e a 8 do líder, o Numancia. A continuación mostro as impresións positivas e negativas que me causou o equipo durante estas 16 xornadas nas que acadamos 25 puntos:


1.- Dende a chegada de López Caro ao banquillo celeste, non sufriu o equipo ningunha derrota.

O equipo leva demasiados empates e se o que queremos é ascender debemos sumar de 3 en 3 puntos.

2.- O equipo domina o xogo e foi superior a todos os seus rivales agás ao Nástic de Tarragona.

A defensa comete en cada partido un único erro pero que acostuma significar o gol do equipo rival.

3.- Xogadores como Jorge e Perera, que se sinten identificados co clube, están funcionando, sobre todo o primeiro, o mellor xogador desta liga ata o de agora.

Cannobio, posiblemente o xogador de más calidade do equipo e por extensión da Segunda División, non está rendindo. Chega dunha lesión, pero aínda así non é o lider que cargue co equipo as súas espaldas..

4.- Recuperáronse para a “causa” xogadores que estaban defenestrados por Hristo Stoichkov, como Lequi, Contreras, Perera...

López Caro ten apartados do equipo polo que parece(case nunca entran nas convocatorias) a : Vara(superior a G.Lucas en moitos aspectos), Zanev e A.González( pola relación con seu pai??).

5.-O carácter que están demostrando todos os xogadores con López Caro a pesar das numerosas inclemencias arbitrais que está sufrindo o equipo. Real Sociedade, Málaga, Sevilla Atlético...

A falta de concentración nalgúns momentos determinados do partido, fundamentalmente, cando se deberían cerrar os partidos.

6.- A portería está perfectamente cuberta por J.M. Pinto e Esteban.

Son dous grandes pero a súa xuventude xa pasou fai anos e deberíase pensar e fichar a algún porteiro xoven que se fora fogueando no primeiro equipo ou contar cos canteiráns Sergio Álvarez e Joel.

7.- Roberto Lago ( LE) pode ser un bo exemplo a seguir para a canteira.

Non ten substituto nese Lateral Esquerdo, Zanev non é moi bo pero deberíase contar con él como suplente de Roberto, pois Agus xa demostrou que é máis central que Lateral.

8.-Núñez está sabendo conducir moi ben o balón nos contrataques, saíndo con moita velocidade e creando moitísimas ocasións neste tipo de xogadas.

Falta finalizalas, que alguén as remate con efectividade entre os 3 paus.

9.- Quincy mostrou unha clara melloría nos dous últimos partidos e deixou de correr por todo o campo sen sentido e comezou a facer unha labor de equipo marcando goles e dando asistencias.

Non hai ningún dianteiro centro puro ademais e Okkas que sexa goleador.Quizais Perera, pero só conta para López Caro para segundas partes e como 3ª opción.

10.- ....................

A maioría das fichaxes están sendo unha decepción: Zanev, Manchev, Peña, A.González, Agus...non entran nas convocatorias en moitas ocasións e cando o fan son suplentes.


Ata aquí este resumo do primeiro terzo desta tempada no apartado deportivo. Para o apartado directivo e económico necesito outros dous ou tres posts porque o que está pasando non é normal...


HALA CELTA!!

No hay comentarios: