martes, 15 de enero de 2008

ACTUALIDADE CELESTE

Sen Okkas nin Perera non temos gol


Este sábado o equipo celeste enfrontábase ao Salamanca con ánimos de repetir a súa magnífica victoria ante o Granada 74 e acercarse aínda máis ao ascenso.
A pobre entrada que mostrou unha vez máis o Estado Municipal de Balaídos presaxiaba unha tarde fría e aburrida. Aquelas persoas que non viron o partido poden pensar que se cumpliron os peores presaxios, pero nada máis lonxe da realidade.
Na primeira parte, o equipo celeste dispuxo de numerosas ocasións para poñerse por diante pero Biel tivo un gran partido e non cedeu ningún gol. A segunda parte diminuiu no ritmo de xogo e o equipo celeste baixou moito o seu rendemento tras a saída de Diego Costa( o mellor xogador do partido). Para resumir, queda clara unha cousa, cando Perera ou Okkas non teñen o seu día, o equipo queda orfo de gol.
Como dicía, Diego Costa é un gran xogador, cunha calidade individual indiscutible, pero que ten unha falta de gol preocupante, polo que López Caro está a situalo na banda esquerda. Os xogadores de segunda liña, como Núñez ou Jorge, nunca destacaron por ser uns grandes golpeadores e quen si o fixo, Cannobio, está nun momento de forma baixísimo, acrecentado polas continuas lesións.

Por outra banda, esta semana foi especialmente atolondrada en Casa Celta polas numerosas saídas e a chegada de Fernando Sales.
Contreras e Zanev abandonaron o equipo celtiña ante a sorpresa dos afeccionados. O primeiro deles saíu cara o Braga despois de máis de 5 temporadas no clube celeste, xogando con continuidade, pero que a multitude de problemas extradeportivos decidiu aos directivos a envialo a outro equipo.
Zanev, o primeiro en chegar, foi tamén o primeiro en saír neste mercado de inverno en dirección norte, cara a cidade de Ferrol. Ata o de agora foi o mellor movemento que fixo o Celta, pois conseguiu desprenderse dun xogador que non contaba para o entrenador. A favor de Peter Zanev hai que reconocerlle unha profesionalidade moi grande, pois a pesar de non entrar nos plans nin nas convocatorias, non levantou a voz en ningún momento.

Fernando Sales chegou este luns a Vigo tras desvincularse do seu contrato co Sevilla en Outubro cun soldo moi baixo. É, polo tanto, unha fichaxe positiva para as arcas celestes pois a súa labor é a de substituír a un dos xogadores que máis cobraba: Antonio Guayre. A dúbida será saber o momento físico no que se encontra o xogador sevillano despois de estar entrenando cun preparador físico persoal.
Finalmente, a noticia máis chamativa é a saída cara Barcelona de Pinto como segundo porteiro tras Víctor Valdés, despois da lesión de Albert Jorquera. O Celta conseguiu negociar unha cantidade importante pola cesión ata final de temporada conseguindo medio millón de euros.

PD:Esta nova sección que estreo hoxe vai ser semanal ( cada mércores) e tratará sobre as noticias máis chamativas e os partidos do clube celeste.

1 comentario:

Yago López dijo...

¿E que che pareceu Ferrán? Estaba no campo ese día e vinno prometedor. Sempre estaba so na banda esquerda e cando recibía a bola intentaba facer regates imposibles sen bos resultados.

Menos mal que botamos a Zanev... ¿Para cando Manchev?

Como sexa certo que marcha Okkas perdo parte das ilusións de ascenso...

Unha aperta.